Deixo aquí este fermsísimo poema que fala dunha heroína: María Pita, quen loitou con valentía en defensa da nosa cidade da Coruña. O Cole onde traballo leva con moita honra o seu nome: CEIP MARÍA PITA.
María das batallas, levareiche unha frol por cada bala;
i-unha cunca de leite arrebuxada en neve
pra che curar a sede,
¡Sede mortal, varona, a desta patria;
queima no peito con ardente brasa!
María das batallas,
dareiche un reyseñor por cada bala;
i-unha estreliña nova
no berce dunha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.
Muller de soberana libertade,
os artilleiros danche alferecía
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
(din, don, din, don)
de monte a monte e mais de ría a ría:
(din, don, din, don)
" O bronce meu, teu bronce foi, María".
LORENZO VARELA
Ver Sin título en un mapa más grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario