lunes, 29 de abril de 2013

MARÍA PITA!!

Deixo aquí este fermsísimo poema que fala dunha heroína: María Pita, quen loitou con valentía en defensa da nosa cidade da Coruña. O Cole onde traballo leva con moita honra o seu nome: CEIP MARÍA PITA.

 María das batallas, levareiche unha frol por cada bala;
 i-unha cunca de leite arrebuxada en neve
pra che curar a sede,
¡Sede mortal, varona, a desta patria;
queima no peito con ardente brasa!

 María das batallas,
dareiche un reyseñor por cada bala;
i-unha estreliña nova
no berce dunha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.

Muller de soberana libertade,
os artilleiros danche alferecía
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
(din, don, din, don)
de monte a monte e mais de ría a ría:
(din, don, din, don)
" O bronce meu, teu bronce foi, María".

                           LORENZO VARELA


 
Ver Sin título en un mapa más grande

viernes, 19 de abril de 2013

Como construír un texto. Fases da construción dun escrito.

O primeiro paso na elaboración dun escrito é pensar sobre o que imos escribir. O seguinte paso sería a elaboración dun esquema onde reflectir as ideas principais, as secundarias e os detalles. O terceiro paso consiste en facer un borrador que nos permita dar corpo ao esquema e a súa vez inserir ou eliminar todo aquilo que consideremos enriquecedor para o noso escrito. Logo ven a fase de repaso e corrección de ortografía, de estilo, de estruturación, etc. Así chegamos ao produto final, que é, a creación do noso texto.

domingo, 14 de abril de 2013

APRENDER!!

Aprender a aprender supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autónomo de acordo aos propios obxectivos e necesidades.